É un galardón relativamente novo, pero como está convocado por unha das editoras máis importantes do mundo da banda deseñada e ten a dotación económica máis alta dos certames deste xénero (10.000 euros a repartir entre os tres gañadores), o Premio Raymond Leblanc é un dos máis prestixiosos do momento. Trala participación de José Domingo o ano pasado, nesta ocasión o guardés Fonso figura entre os finalistas cunha historia sobre o illamento. O certame foi creado para apoiar os novos talentos e premia (ademais da contÃa organiza unha exposición e publica un álbum cos seis seleccionados) historias curtas que xiran arredor dun tema. Este ano os organizadores propuxeron a idea "Do real ao virtual: Internet, o meu amor". Agora, o público pode votar a través da web as súas preferencias, que se sumarán a decisión dun xurado que emitirá o seu veredicto en setembro.