Foi unha das escasas mostras de artes escénicas en galego durante o franquismo e un referente da memoria colectiva do século XX no noso país. Unha expresión teatro popular que agocha detrás toda unha historia vital e familiar e que está estreitamente vencellada a figuras semellantes espalladas por todo o planeta. O documental Morreu o demo acabouse a peseta recupera a historia Barriga Verde e amosa a precaria situación da memoria encol deste patrimonio.
A barraca Melodías de España, que percorreu o país entre os anos 20 e os final dos 60 da man da familia Silvent, amosaba, ao igual que outros espectáculos itinerantes unha mestura de xéneros. Cancións, acrobacias, e, a certa altura o cinema eran algúns dos entretementos ofertados. No entanto, o seu risco diferencial era o espectáculo de títeres de luva protagonizado por Barriga Verde. O resto do espectáculo era unha especie de recreación de números de Estrellita Castro ou Lola Flores e algúns exercicios circenses, lembra Pedro Solla, director de Morreu o demo acabouse a peseta.
Os múltiples barrigas verdes
Unha das sorprendentes descobertas que achega Morreu o demo acabouse a peseta é que o Barriga Verde que quedou na memoria de varias xeracións de galegos, na realidade correspondía a dous, e mesmo tres espectáculos diferentes. Nun primeiro momento José Silvent, o máis coñecido dos titiriteiros, iniciou o espectáculo cos irmáns Santiago e Julia, pero despois separáronse, e José seguiu representando pola zona de Pontevedra, Santiago pola Mariña e Lugo e Julia, aínda que por pouco tempo, por Ourense. Finalmente, José ocupouse tamén desta área, quedando durante moitos anos repartido o país entre as dúas compañías que, con cadanseu espectáculo e barrca, percorrían feiras e eventos. Nalgúns momento ata coincidían os dous nun mesmo sitio, sobre todo no San Froilán de Lugo, e mesmo había certa competencia.
Unha historia internacional
Para alén de rescatar o testemuño dos descendentes daqueles Silvent que iniciaron o negocio, o documental afonda de xeito especial no parentesco internacional e nas fondas raíces do espectáculo de Barriga Verde. E é que falamos dun personaxe e dunha obra que teñen equivalente moi próximos en toda Europa e mesmo no Norte de África, na India ou en Xapón. Pulcinella en Italia, Punch en Inglaterra, Guignol en Francia, Kasper na República Checa ou os xa mentados Robertos portugueses son os nomes internacionais para unha representación que se amosa universal e que repite os esquemas. Parecíanos interesante por todo isto en relación e non deixar Barriga Verde como un fenómeno cultural e artístico independente, senón vencellalo a unha tradición que está apegada á evolución do home. Queremos que se valore Barriga Verde como algo que está no acervo popular da humanidade, non é un fenómeno local nin tan sequera europeo.
Rebeldía
Tal e como comenta Solla, existe un espírito subversivo que semella algo inconsciente pero que é común a todos eles, e mesmo escenas que se comparten a nivel continental. Hai unha serie de contrincantes do protagonista aos que o Barriga Verde ou Pulcinella ten que se sobrepor e que dalgún xeito supoñen unha opresión. Deste xeito, e tal e como sinala Bruno Leone no documental, hai unha dimensión alegórica, primeiro enfróntase ao animal como medo primixenio, logo preséntase o medo ao igual, ao propio irmán, que no caso de Barriga Verde sería o Portugués e noutros o verdugo ou o mafioso. E despois están as figuras de autoridade como os representantes da policía e da igrexa.
Antecedentes directos
Chama a atención que sendo o protagonista do espectáculo, resulta curioso que o personaxe de Barriga Verde non contase cun monicreque fixo para o representar. Así o afirman os descendentes e nós non o pomos en dúbida, sinala Solla. A liña máis plausible é que Barriga Verde xorde do espectáculo dos Robertos en Portugal, e estes son uns personaxes que non posúen unha fisionomía definida. O que definía o protagonista eran as propias escenas e logo a palleta que empregaban e que lle daba ao personaxe a súa característica voz aguda. O feito de que os Silvent, de orixe estremeña, vivesen un tempo en Portugal e que fose alí onde iniciasen a súa andaina cos monicreques, afortala esta idea.
A memoria fráxil
Malia a que o espectáculo rematou hai relativamente poucos anos, e da sona conseguida, a memoria de todo o que foi Barriga Verde transmitiuse de xeito fragmentario, mesmo entre os propios protagonistas. A memoria sobre o espectáculo esmoreceu moito máis do que pensabamos cando iniciamos o proxecto. Nin Alfonso, en Lérez, nin Juan na Devesa (Ribadeo), que son os fillos menores dunha saga moi longa teñen moitas lembranzas. Hai moitas partes da evolución do espectáculo e da barraca, ou da propia historia da familia que fica no esquecemento. Juan nin se lembra dos bonecos porque era moi novo, e os irmáns maiores xa non viven. Nese esquecemento interveñen, entre outras cuestións, os propios mecanismos da memoria. Hai moita xente, por exemplo en Lérez, que lembra Barriga Verde, pero sempre teñen máis de setenta anos, e resulta unha memoria algo feble. Hai quen lembra o espectáculo con ideas algo diferentes a como era, e polos mecanismos da memoria, moita xente lembra o anuncio de que chegaba a barraca pero non é capaz de describir os espectáculo, como se non chegase a saber dos bonecos. O relativamente rápido esmorecemento da lembranza de Barriga Verde ten moito que ver, segundo Solla, coa propia consideración que tiña en xeral o teatro de monicreques ao longo do século XX no noso país. Sempre foi considerado unha cousa de segunda ou de terceira a nivel cultural, e para os propios protagonistas era un xeito de gañar a vida, non o consideraban como algo a valorar e que, cando deixou de ser rendible, foi abandonado. Ademais, nunca se fixo ningún esforzo por recuperar isto desde instancias culturais. Desde que fechou ata que apareceu a política pública cultural a partir dos anos oitenta, pasou tempo abondo para que esmorecese.
Perda e recuperación
De feito, no filme amósase como noutros países existen investigadores, museos ou centros dedicados aos monicreques, así como compañías que manteñen viva a tradición deste personaxe. Fronte a isto, no caso galego apenas existe a memoria familiar e popular de Barriga Verde e os escasos restos materiais conservados esmorecen en faiados. Precisamente, un dos fíos que segue o documental é o esforzo por recuperar a memoria deste espectáculo e por pór a andar unha nova barraca de Barriga Verde que veu desenvolvendo nos últimos anos Títeres Viravolta, e que viu a súa culminación coa estrea do espectáculo reconstruído nas festas do San Froilán de 2010. É de agardar que a difusión deste documental contribúa a dar a coñecer a figura e que multiplique as ocasións de se achegar e de coñecer mellor esta figura universal da cultura galega.