A Festa da Istoria reduce un día a súa duración

É o terceiro ano que a celebración de Ribadavia axusta o seu programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Por terceiro ano consecutivo, a Festa da Istoria de Ribadavia axusta o seu programa pola crise. Segundo adianta hoxe La Región o evento reduce a súa duración de tres a dous días e prescinde dos certames de fotografía e de pintura rápida. A celebración, que se desenvolverá os días 24 e 25 de agosto, contará coa colaboración de medio millar de voluntarios e mantén citas como o desfile, o baile medieval, o torneo ou a voda xudía. A organización, no entanto, apunta que está aínda pendente da confirmación de subvencións comprometidas para sufragar o evento.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadavia, Fotografía, La Región

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares