A Festa da Istoria contará cun “programa austero” pola reducción orzamentaria

Convocado o concurso de carteis para esta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Se en 2010 se redimensionaron algunas das actividades previstas pola reducción orzamentaria, neste 2011 a Festa da Istoria de Ribadavia axustará aínda máis o seu programa. Menos grupos de ambientación musical, menos espectáculos e un torneo medieval máis económico é o que prevé a organización deste evento histórico lúdico para a súa edición este ano tralo recorte por parte das institucións públicas. Segundo anunciou a coordinadora, que acaba de convocar o concurso de carteis, a fonte de ingresos deste evento pasará principalmente polo banco que cambia euros por maravedíes, a venda e alugueiro de traxes, máis os postos de comidas. A festividade terá lugar, como é habitual, o último domingo de agosto.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadavia

Claves

Lugares