A Festa da Istoria elimina os certames de fotografía e pintura pola baixada do orzamento

A de Ribadavia é a festa medieval máis antiga e popular das celebradas en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Festa da Istoria elimina os certames de fotografía e pintura pola baixada do orzamento

Os vindeiros 24 e 25 de agosto, Ribadavia converterase, por vixésimocuarta edición nunha capital medieval. E para a celebración da súa Festa da Istoria contará con 53.000 euros menos, unha baixada dun dez por cento con respecto á anterior edición. Iso implica cambios no programa, que ve como desaparecen os certames de fotografía e pintura e un cambio de datas da celebración da procesión da Insquisición e a representación teatral do Malsín (agora o venres ás 22:00 e 23:00 horas respectivamente). Con todo, a festa medieval máis estendida e popular de Galicia volverá contar con teatro, pasarrúas, vodas xudías, bailes, torneos e exhicións que converterán a Ribadavia, durante dous días, nunha auténtica vila medieval.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadavia, Fotografía, Teatro

Claves

Conceptos
Lugares