Vallas publicitarias e carteis apoiarán a candidatura da Muralla ante a Unesco

Máis presión pola muralla

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

"Patrimonio galego, tesouro universal" é o eslogan co que a Xunta de Galicia impulsa a promoción da muralla lucense como Patrimonio da Humanidade. Dende onte, pegatinas, carteis, vallas publicitarias pretende ofrecer máis presión ante a Unesco que tomará unha decisión o próximo mes de decembro en Australia.

Patrimonio da Humanidade


Declarar á muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade é o obxectivo central que embargou ás diferentes actividades que se realizaron nos últimos meses. Os máis de dous mil quilómetros do edificio en perfecto estado de conservación son algúns dos avais deste edificio para que a súa presentación chegue a bo término.



Proxecto Cumulum


Durante varios meses a muralla presentou un aspecto inusual. Miles de libros rodearon a súa lonxitude para conseguir que a Unesco a declare Patrimonio Histórico. Un pulso máis, que durante esta fin de semana estivo recollendo os numerosos libros que rodearon a muralla.



"Patrimonio galego, tesouro universal"


A xunta acaba de sumarse a este proxecto. E fíxoo cunha nova campaña publicitaria, nova iluminación do adarve da muralla, unha actuación que supuxo un investimento de 80 millóns de pesetas. Pero non é o único apoio concreto, xa que a Consellería e o Ministerio de Cultura investiron nos últimos catro anos máis de 350 millóns de conservación e restauración deste monumento.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Patrimonio da Humanidade, Xunta de Galicia, Australia...