Os filmes Arraianos e Polvo debutan no Festival de Locarno

É unha das citas máis reputadas no ámbito do cinema de autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É unha vila pequena de Suíza pero Locarno convértese nos primeiros días de agosto (este ano o festival celébrase entre o 1 e o 11) nunha das referencias internacionais do cinema de autor. Na programación deste ano destacan dous títulos galegos. Dunha banda, a segunda longametraxe de Eloy Enciso (Meira, 1975) que se inspira na obra teatral O bosque do escritor coruñés Jenaro Marinhas del Valle. A produción, rodada na fronteira galego-portuguesa nos últimos cinco anos, compite na sección “Cineastas do presente”. Da outra, está Polvo, a coprodución galego (Tic Tac Producciones), chilena (Fábula) e guatemalteca (Melindrosa Films) que compite na sección internacional. Este filme dirixido por Julio Hernández conta unha historia persoal, a de Alexandra e Ignacio, cando están a rodar un documental sobre a Guerra Civil de Guatemala (1960-1996).

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Eloy Enciso, Documental, TIC...