O filme de Tic Tac Producións, Polbo, competirá na sección oficial de Toronto

Continúa o seu percorrido por festivais despois de participar en Locarno

Tralo paso por festivais como o de cinema de autor de Locarno, o filme producido por Tic Tac Producións, Polbo, continúa o seu percorrido. A seguinte cita é o festival internacional de Toronto,un dos encontros (polo festival e pola seccio´n de mercado) máis prestixiosos do mundo e que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de setembro. O filme dirixido por Julio Hernández Cordón desenvolveuse nunha das xuntanzas das Session Residence of Cinfondation e nos prestixiosos seminarios do EAVE. O filme conta a historia dun equipo que, mentres producen un documental sobre a guerra en Comalapa, contactan con Juan, fillo dun represaliado que coñece á persoa que delatou a seu pai.