Os cabezas de cartel adoitan ser reclamos do público nos festivais, pero o colectivo Sinsal, tirando da súa traxectoria, decide arriscar cunha estratexia diferente. Pensamos que despois de nove anos de traxectoria, o festival ten entidade suficiente como para poder presentar un cartel sen revelar os nomes e que guste, asegura Luis Campos, codirector desta cita. Unha estratexia diferente para un festival que se sae do convencional que cumpre dez anos promovendo unha identidade sonora allea ás etiquetas habituais na representación musical. ¿A cita? Os vindeiros 23 e 24 de xullo en San Simón.
Comezaron hai máis dunha década buscando un modelo musical que saíse do establecido. Primeiro levaron a música das salas ao teatro e logo introduciron o concepto de facer un festival estacional. Máis tarde apostaron por música en directo en espazos atípicos, alonxados dos fumes, dos ruídos de copas e botellas que logo achegaron ao patrimonio material e arquitectónico. Foron de ruínas a garaxes pasando por parques e xardíns. Cando as posibilidades dos espazos parecían estar esgotadas, apostaron pola organización de dez horas de concerto nos que mesturaron música, con performances, cine, video, arte sonora e música urbana (da man de Expocoruña).
En 2009 abandoron a cidade para trasladarse á natureza, compromiso ecolóxico que traballar na illa de San Simón lles ofrecía. Agora, nesa actitude inqueda de constante autoesixencia, quixeron que o festival en si tivera máis relevancia que os propios nomes do cartel asegura Campos. Con todo, non era unha proposta que se lles ocorrera a salto de mata senón que levaban tempo mascando a idea e pensando se podería funcionar. Consultaron con xestores e especialistas que estudaron a estratexia, pensaron que a novidade lles podería ir ben e deron o salto. O que estamos a facer agora é xogar, damos pistas para que a xente se implique e xeremos certa expectativa.
Son conscientes de que isto non se podería facer se non houbera ata nove edicións anteriores que foron determinantes e condicionaron a estratexia. Non o poderiamos ter feito antes, sen que a xente nos coñecese e entendese a nosa forma de comprender a música, os festivais. De feito, Campos ten claro que non podiamos pensar un evento sobre a nada, senón que o que tiña sentido era tirar das xiras, facéndoo pola semana, entre as citas programadas polos grupos buscando esa estratexia de diferenciación.Así, fieis á súa fórmula presentaron un encontro que se celebra a golpe de martes e mércores. No verán, iso sí, e con grupos que converterán Sinsal San Simón nun espazo único e musicalmente intenso.
De momento, sobre os 11 artistas que desplegarán a súa arte sabemos que Ao oeste de Estados Unidos ou Canadá-; ao norte de Noruega; ao leste do Líbano e ao Sur de Sudáfrica. Son os puntos cardinais da banda sonora do Festival Sinsal San Simón 2012; "fan un hip-hop urbano moi orixinal buscando sons e ritmos imposibles" . Son algunhas desas pistas que o colectivo Sinsal vai publicado na súa páxina web con certa periodicidade. De momento, a idea funcionou tan ben que, alén das entradas vendidas (os organizadores aseguran que o aforo é de 400 prazas), hai xente que agora xa non quere saber os nomes.
Un festival nunha illa
Despois dunha edición Sinsal regresa a San Simón para organizar un encontro que respecta a particularidade do espazo. Facer un festival nunha illa marca o carácter do certame e precisa axustar e definir moi ben as necesidades. Hai cuestións de loxística e de produción que hai que ter moi atadas antes de iniciar o festival, cousas tan anecdóticas como precisar un enchufe ou parafuso, que non podes mercar no momento, porque tes que coller un barco. Nunha estratexia de racionalización dos custes, decidiron que ante o cheo do ano pasado, cumpría optimizar gastos, e tendo en conta que a infraestrutura se prepara para un día, decidimos abrilo a dous.
Foi desa idea inicial que tiveron que ir modelando o concepto, de cubrir as necesidades que pode ter a xente que se desprace ata a illa. Cousas que facer, que ver, como atender aos seus fillos así Sinsal está a ultimar outras actividades. Unha delas é contar cun espazo de artesanía. Fixemos unha convocatoria pública a través da rede na que non cobraremos por participar, pero pedímoslle que paguen a súa entrada e agasallen algún artigo para sortear entre socios e voluntarios do encontro confirma Luís.
A información oficial do encontro complementarase cun programa de radio que emitirá en directo oito horas de emisión diaria. O xornalista Iago Martinez (El País, Galicia- Rock De Lux) e o escritor Emilio Alonso (Vigo a 80 rpm) entrevistarán aos grupos participantes, farán reportaxes e un repaso a actualidade do festival.
O espírito da illa, bautizada como Illa do Pensamento hai uns anos, corresponderase cun Álbum da memoria con todas as imaxes (foto, postal ou calquera documento gráfico) que os participantes acheguen. No fondo, máis que o programa en si, é o modelo polo que apostan. De feito, no seu sitio web detallan as características deste encontro próximo, participativo, social, horizontal, educativo, sustentable, respectuoso e, coma sempre, itinerante, expansivo e estacional