Comeza a programación de verán do Festival de Cine de Ourense

A cita, co nome de Baixo as Estrelas 2012, desenvolverase todos os venres

5/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Historias cotiás, relacións humanas, moito humor e en formato breve. Son os ingredientes de Baixo as Estrelas 2012, a programación de verán paralela ao Festival de Cine de Ourense. En medio das dúbidas sobre a continuidade do encontro trala anunciada disolución do Consorcio (entre a Deputación e o Concello de Ourense) que organizaba este encontro, mantense a programación de verán. O Baixo as Estrelas, en colaboración con Promofest, terá lugar todos os venres de xullo e agosto. A asistenza é de balde e a última sesión acollerá algunha sorpresa.

A primeira das citas previstas terá lugar este venres, cun programa no que figuran título Manos, de Jon Sagalá (7'); Rascacielos de Mariana Torres (14'); Jaque, de Iker Franco (14'); Desencuentros de Oliver Cuervo & Lázaro Muñoz (13') e Les Rideaux Rouges, de Alain Deymier (34').

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cine, Festival de Cine de Ourense, Humor...