O coruñés Tino Regueira, un destacado investigador e crÃtico da banda deseñada a nivel estatal, falecÃa onte na súa casa aos 44 anos de idade. Segundo sinala o guionista Carlos Portela, amigo do falecido, "foi unha persoa fundamental na historieta de finais dos 80 e comezos dos 90". Para alén de ter sido un dos máximos responsables da revista teórica Krazy Cómics e de asinar abondosos artigos sobre diferentes aspectos da novena arte, Regueira tamén é autor da obra GuÃa visual de la Editorial Bruguera (1940-1986). "Foi o primeiro en apostar polas guÃas visuais", lembra Portela. "Tiña un talento fóra de serie para a maquetación e mais para definir conceptos visuais".
"O seu traballo no fanzine Continuará na Coruña fÃxose referencia, e logo uniu varias publicacións para botar a andar Krazy Cómics", explica Portela. A publicación tivo un carácter fundacional para a crÃtica da novena arte no Estado. "Estaban crÃticos e teóricos que logo pasaron a outras revistas coma El Maquinista ou U".
Canda a isto desenvolveu un importante traballo de dinamización arredor da BD, colaborando en diferentes editoras. "Era un namorado da historieta que lÃa de todo. LÃa moito material foráneo e influÃu para que se editasen certas obras que el coñecÃa de primeira man". Portela lembra os seus comezos "traballou no Quiosco de Rego de Auga, na Coruña, que cando non habÃa tendas de cómic era punto de referencia na cidade".
Nos últimos tempos traballaba nunha ambiciosa historia da banda deseñada que o seu falecemento deixa inconclusa. Deixa tamén inédito un monumental traballo sobre a obra de Richard Corben e mais dous álbums de BD guionizados por el da serie Browning que viran parcialmente a luz na revista Creepy.
Ficha de Tino Regueira no soportal BD."O seu traballo no fanzine Continuará na Coruña fÃxose referencia, e logo uniu varias publicacións para botar a andar Krazy Cómics", explica Portela. A publicación tivo un carácter fundacional para a crÃtica da novena arte no Estado. "Estaban crÃticos e teóricos que logo pasaron a outras revistas coma El Maquinista ou U".