Uxía leva o premio ao Mellor Disco de Raíz nos Premios da Música Independente

O Cuarteto Quiroga completa a presenza galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Malia á cantidade e variedade de candidaturas coa que a industria sonora galega chegaba aos Premios da Música Independente, unicamente Uxía, con O meu canto conseguiu facerse cun galardón. Foi na categoría de Mellor Disco de Música de Raíz, e a artista agradeceu o recoñecemento ao recoller onte o galardón sinalando que ten previstos "concertos en Galiza, Portugal, no resto de España para Artistas en Ruta, Brasil en novembro e moitos proxectos diversos que foron xurdindo e dos que irei dando conta".

Canda a ela a conexión galega quedou reducida ao Cuarteto Quiroga, que se fixo co premio ao mellor álbum de música clásica por Statemens. Ademais de levar o nome do violinista galego, un dos membros desta formación, Cibrán Serra, é ourensán.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Brasil, Ourense

Claves