A Coruña rehabilitará a súa muralla

O Consorcio de Santiago investirá 250.000 euros en restaurar cinco monumentos

22/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello da Coruña presentaba onte a primeira fase do seu Plan Director de Murallas. O proxecto pretende recuperar e pór en valor os diferentes restos destas fortificación que existen na urbe e inclúe as diferentes seccións que se descubriron nos últimos anos anos. Como primeiro paso está a se elaborar unha cartografía en tres dimensións destes restos, con vistas a avaliar o seu estado.
Pola súa banda, en Compostela o Consorcio anunciaba onte o investimento de 252.500 euros en traballos de resautración e conservación de diferentes edificios históricos. O Pazo de Raxoi, San Martiño Pinario, a igrexa de San Bieito e mais os conventos de San Paio e Santa Clara serán os conxuntos afectados por este proxecto, segundo recolle hoxe La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Consorcio de Santiago, San Martiño, Concello da Coruña...