Nace Lega, unha proposta de lecer en galego

Galegolab achega videoxogos, música, e un curso de astronomía entre outros contidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Achegar propostas de lecer na nosa lingua en áreas nas que está maiormente ausente. Esta é a intención coa que nace Lega (Lecer en Galego), última proposta de GalegoLab que se presentaba onte. Un curso de astronomía, os videoxogos Frozen Bubble e Childsplay en galego, unha versión subtitulada do filme de animación Sintel e mais Galegogym, um CD de música de grupos do país pensado para empregar no ximnasio. Canda a isto, o proxecto oferta unha distribución en galego de Ubuntu, sistema operativo totalmente gratuíto que serve de base para executar os programas de astronomía. O proxecto prevé continúar achegando novos contidos en breve.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación

Claves

Conceptos