
En paralelo, o Clúster Audiovisual de Galicia anunciaba onte a estrea na TVG, mañá mércores 17 de febreiro de Musigalité. Esta é unha proposta multimedia que inclúe un programa de televisión, un radiofónico e un web especÃfico. Do mesmo xeito que na canle de Alalá, empregaranse contidos transmedia para amosar o traballo de diferentes bandas da nosa escena alterantiva. Moon Cresta, Maryland, Victor Coyote, lván Ferreiro, Carlos Jean, Triángulo de Amor Bizarro, Miguel Costas ou The Soul Jacket pasarán por este espazo a explicar a súa música e as súas raÃces, ademais de achegar actuacións ao vivo.