Traductores sen fronteiras, da Universidade de Vigo, traducirá ó galego textos xurídicos, técnicos e científicos para os colectivos afectados pola marea negra

De Tide a Marea

| Santiago. Redacción. | Seccións: Lingua
Compartir:
As iniciativas de apoio ós afectados pola marea negra xorden dende os puntos máis diferentes. Alumnos e profesores da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo, agrupados na ONG Traductores Sen Fronteiras decidiron centrar os seus esforzos na “traducción e na interpretación desinteresadas dos textos e das mensaxes susceptibles de prestar asistencia ós colectivos máis afectados pola catástrofe”, asegura Anxo Fernández Ocampo, coordinador da iniciativa. A iniciativa plasmarase na creación de tres cadernos: un sobre aspectos referenciais e informativos, outro con traduccións de textos institucionais e da prensa estranxeira, e un terceiro dedicado ós textos especializados, sobre informes técnicos, científicos e xurídicos e un terceiro sobre as diversas voces que expresen sensibilidade e desexo de cooperación.

Web de Traductores sen fronteiras

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo

Claves

Lugares