Múltiples concertos enchen Galicia en solidariedade cos afectados pola marea negra

Comeza a música

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:
Aínda que o grupo Los Planetas cancelase a súa xira galega en solidariedade pola marea negra, por todo o país están a organizarse concertos que destinan os seus beneficios ós afectados. Ademais do que protagoniza mañá Carlos Núñez en Vigo, A Coruña terá o seu propio concerto o luns 16. Mentres, a Illa de Arousa verá o día 21 Fuck the Fuel, un recital de grupos locais. Ese mesmo día o Multiusos do Sar en Compostela acollerá un concerto organizado por Nunca Máis. En París o venres trece celebrase unha Noite Branca con música e intervencións de Ramón Chao e Ignacio Ramonet. E aínda hai máis.

Máis información sobre o concerto da Coruña en Los40.com; e no especial de Vieiros sobre o Prestige sobre o concerto na Illa de Arousa ; sobre a Noite Branca en París

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Prestige, A Coruña, Illa de Arousa...