Continúan as iniciativas culturais contra a marea negra con exposicións e edición de libros

Libros e cadros en negro

30/12/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
18 lecturas | Compartido 0 veces
A solidariedade cos afectados pola marea negra continúa desde o mundo da cultura, agora na forma de libros. Espiral Maior e Xerais veñen de anunciar a edición de “Negra sombra (Intervención poética contra a Marea Negra)”, unha escolma de autores galegos que achegará os damnificados todos os beneficios da súa venda. Esta iniciativa súmase ó libro para nenos “Nunca máis” que está a preparar a editorial Kalandraka e á de Suso de Toro, que anuncia a edición de “Nunca máis. Galiza á intemperie”, unha colectánea de artigos sobre a marea negra. Tamén vimos de coñecer o nacemento do colectivo Auria Arte, formado por trece artistas do país. O colectivo vén de montar unha exposición colectiva en Compostela coa intención de recadar fondos para os afectados.

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego; máis iniciativas no especial de Vieiros.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Exposicións, Suso de Toro, El Correo Gallego...