Drácula na Coruña

A Fundación Seoane analiza a figura deste mito popular na súa última exposición

12/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualarte
38 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel orixinal do Drácula de Bela Lugosi

Drácula. Un monstro sen reflexo. Cen anos sen Bram Stoker (1847-1912) é o título da mostra que presenta, ata o vindeiro 7 de outubro a Fundación Seoane na Coruña. O proxecto aproveita o centenario de Bram Stoker para analizar a pegada do seu máis célebre personaxe na cultura popular. Carteis de filmes, fotografías e obras de arte combínanse nun proxecto no que tamén se proxectan películas e se inclúen concertos. Ademais, da man da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, un encontro de dous días indagará a fondo sobre a figura do personaxe e mais do seu autor.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fundación Seoane, Universidade Internacional Menéndez Pelayo