Descobren parte dunha novela e dun poema inéditos de Otero Pedrayo

Manuel Forcadela localizounos nos fondos do autor na Fundación Penzol

11/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O traballo de investigación que desde hai uns meses está a coordinar Manuel Forcadela nos fondos que de Otero Pedrayo conserva a Fundación Penzol comeza a dar froito. Segundo publicaban onte Faro de Vigo e La Opinión, entre este material apareceron varios capítulos da obra Novela de Pedro Madruga e 1.400 versos da obra poética Xeórxicas do pan, dúas obras inéditas do ourensán. Os resultados deste proxecto de investigación, compartido pola Fundación e mais a Universidade de Vigo, verán a luz nunha publicación que, canda a este material inédito, recollerá outros fondos conservados na Penzol.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

13/02/2013

Non sum dignus

Xeórxicas do pan destaca a faceta poética de Otero Pedrayo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Forcadela, Manuel Forcadela, Fundación Penzol, Vigo...