
En vida só publicou un poemario: Bocarribeira, poemas para ler e quimar, que pasou bastante desapercibido para crÃtica e público, aÃnda que son moitos os versos que del se gardan. Populares son ”as súas expresións “No sum dignos” ou “Non possumus” como resposta aos requerimentos de incluÃr os seus poemas nalgunhas escolmas e publicacións” conta a investigadora Silvia Penas no prólogo desta publicación.
Neses manuscritos dixitalizados entre a Fundacion Penzol e o Departamento de FiloloxÃa Galega da Universidade de Vigo, dirixido por Manuel Forcadela, emerxeu unha versión inédita de Xeórxicas do pan galego. Posteriormente, apareceron outras dúas copias novas que reforzaron a idea da relevancia que este poema tiña para o autor. Del só se coñecÃa unha versión de trinta versos publicada no volume PoesÃa de Ramón Otero Pedrayo (Galaxia, 2010) a cargo de Xesús Alonso Montero.
Inserido na Xeración Nós, Xeórxicas do pan instálase nesa tendencia da necesidade de dignificar o agro galego, nesa Galicia bucólica e idealizada para combater o autoodio e que Pedrayo, pola súa condición de xeógrafo, coñecÃa moi ben. O agro como lugar idÃlico, o paraÃso perdido da terra e do campesiñado profundamente influenciado polo poeta Virxilio e as súas Xeórxicas, marcan este poema que se ofrece nas súas tres versións.
Xeórxicas: unha mostra
