Robert Picard aposta pola segmentación e o local para o futuro dos medios

O experto en economía da comunicación impartiu un seminario no CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Robert G. Picard, Manuel Gago e Paulo Faustino. Foto: CCG

Robert G. Picard, Manuel Gago e Paulo Faustino. Foto: CCG

Dixitais, con información máis contextual e explicativa, de caracter informativo local ou rexional, especializados e moi vinculados ás súas comunidades locais. Esta é a aposta do director do Research Institute de Reuters en Oxford e experto en economía de medios para o futuro dunha industria de comunicación en crise. Picard falou de que a crise dos medios non é tanto coxuntural como estrutural, e se basea na perda de valor do seu contido por múltiples motivos: desde o xurdimento de empresas da comunicación que soterraron parte do valor dos produtos previos ata a multiplicación e difusión do contido por múltiples vías, que leva a anular o seu valor pero tamén a crear o efecto adverso: a maior selección da información por parte dos usuarios. Picard estivo acompañado por Manuel Gago, director de culturagalega.org e por Paulo Faustino, consultor portugués que reflexionou sobre medios de comunicación e políticas públicas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Manuel Gago, Medios de comunicación, Portugués...