Robert G. Picard participará nunha xornada no Consello da Cultura

Reflexionará sobre o futuro dos medios o vindeiro sábado 9 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A reorganización da industria mediática e as políticas de incentivos no escenario europeo é o título da xornada que celebra o vindeiro sábado 9 de Xuño o Consello da Cultura Galega na súa sede en Compostela. O evento contará coa presenza de Robert G. Picard, director de investigación no Instituto Reuters e membro do Departamento de Política e Relacións Internacionais na Universidade de Oxford entre outros cargos. No encontro participará tamén João Paulo Faustino, profesor da Universidade do Porto e haberá un debate sobre o futuro dos medios de comunicación. O prazo de inscrición para particpar no encontro está aberto.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Universidade do Porto, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela