O asesor do primeiro ministro de Portugal abre unhas xornadas para analizar a industria da comunicación

O encontro desenvólvese na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A relación entre os medios de comunicación e o poder, o negocio da información ou os retos da comunicación nas organizacións son algúns dos temas que abordarán as xornadas O futuro da industria da comunicación que comezan hoxe en Santiago. Organizadas polo Clube Internacional de Prensa, o encontro traerá á cidade figuras do mundo da empresa, do eido académico e investigador, e mais da política como Sandra Fuentes, Eduardo Madinaveitia, Jesús Timoteo Álvarez, ou Paulo Nassar. João de Almeida Santos, asesor político do Primeiro Ministro en Portugal, e Salim Lamrani, xornalista, escritor e experto nas relacións entre Cuba e Estados Unidos serán os encargados de abrir este encontro que se desenvolve todos os xoves ata o mes de decembro.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Fundación Caixa Galicia, Medios de comunicación, Estados Unidos...