Premio Nacional de Edición para o libro Kipling Ilustrado de Kalandraka

A obra editouse co gallo dunha exposición do Museo Valenciano da Ilustración

| Santiago. Redacción | Seccións: Exposicións
Compartir:
Capa do libro

Capa do libro

O libro Kipling Ilustrado, publicado en castelán pola editorial pontevedresa KALANDRAKA, ven de recibir o Primeiro Premio Nacional de Edición 2011 na categoría de Libros Infantís e Xuvenís. O galardón, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, non ten dotación económica pero supón un gran recoñecemento e prestixio ao traballo editorial e implica que a obra distinguida participará nas accións institucionais de promoción do libro e que se vai expoñer nas principais feiras nacionais e internacionais. A edición de "Kipling Ilustrado" xorde da exposición homónima organizada polo Museo Valenciano da Ilustración e da Modernidade (MUVIM) en febreiro de 2011, coincidindo co ano no que se cumpría o 75 aniversario do falecemento do escritor británico. A obra reúne sete relatos de Rudyard Kipling (Bombay, 1865-Londres, 1936) ilustrados por sete destacados artistas plásticos do panorama gráfico actual: Ajubel, Pablo Amargo, Isidro Ferrer, Pep Montserrat, Pablo Auladell, Paco Giménez e Arnal Ballester. O libro complétase con artigos de varios expertos que reflexionan sobre o legado literario de Kipling e analizan a estreita relación entre Letras e Arte.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Rudyard Kipling, Educación, Ministerio de Educación...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares