A Confederación de Empresarios encabeza as axudas a normalización

Cultura achegoulle 265.555 euros á Fundación Cela

1/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Consellaría de Cultura facía públicas onte as contías dos convenios que asinou con diferentes entidades ao longo dos primeiros catro meses deste ano. Por asignación, encabeza a listaxe, a Fundación Cela, que recibiu da institución máis de 265.000 euros "para instrumentar a subvención nominativa" prevista nos orzamentos. No campo da normalización lingüística foi a Confederación de Empresarios de Galicia, que levou 50.000 euros. O Consello da Cultura Galega, con 36.000 euros e mais a Federación Española de Relixiosos de Ensins, con 35.000, son os seguintes en canto a contías.

Destaca tamén o apoio ao programa Preescolar na Casa, que ten asignados 25.000 euros e que, precisamente onte, presentaba concurso de acreedores pola súa mala situación económica.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Camilo José Cela