A Fundación Rosalía denuncia falta de apoio da Xunta

Só recibe 35.000 euros de Cultura fronte aos 350.000 da Fundación Cela

18/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Os 35.000 que a Consellaría de Cultura lle achegará en 2011 á Fundación Rosalía supoñen "unha inxustiza" para os responsables desta entidade. A denuncia faise pública logo de que se soubese que a Fundación Cela, tamén radicada en Padrón, recibirá do mesmo departamento 350.000 euros, dez veces máis. Aínda que desde a Rosalía aseguran non ter nada contra a súa veciña, reclaman que se está a producir unha discriminación cara á figura da poetisa.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Camilo José Cela, Fundación Rosalía de Castro

Claves

Protagonistas
Lugares