Cultura asume o control da Fundación Cela

A Consellaría tentará salvar a situación económica da entidade

28/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Para alén de ceder boa parte dos seus fondos á Cidade da Cultura, a propia Fundación Cela pasará a depender directamente da Consellaría. O padroado desta entidade aprobou onte cederlle o control ao organismo público, que porá en marcha un plan de viabilidade para garantir a continuidade da Fundación, en graves problemas económicos. A actual responsable, Marina Castaño, pasará a ser presidenta de honra. A decisión contou co voto en contra do alcalde de Padrón, que se nega a que os fondos do escritor saian do concello.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Camilo José Cela, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares