Emma Pedreira faise co premio Camilo José Cela mentres Marina Castaño defende a xestión da Fundación CJC

Cela: Premio e defensa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Silencio polas sereas” é o título da novela coa que Emma Pedreira obtivo o XV Premio Camilo José Cela que se fallou onte no Concello de Padrón, converténdose na primeira muller que o gaña. Mentres, Marina Castaño, actual presidente da fundación que leva o nome do nobel, defendíase onte das acusacións efectuadas durante esta fin de semana por familiares do escritor sobre a xestión desta entidade. O Padroado da Fundación lembrou que Castaño conta co “pleno apoio” da entidade, mentres a presidenta asegurou que esta funciona con “transparencia absoluta” e apunta as cifras de visitas e as actividades realizadas durante o seu mandato coma avais da súa xestión.

Máis información sobre o premio en Galicia Hoxe; sobre a polémica da fundación en La Voz de Galicia ; en El Correo Gallego e nos arquivos de La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Pedreira, Camilo José Cela, La Voz de Galicia, Nobel...