Preséntase o libro sobre toponimia "Reboreda, os camiños da identidade"

A identidade dos nomes

4/10/2000 | Redacción: Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
2 lecturas | Compartido 0 veces
O xornalista e profesor Gonzalo Navaza presentou onte en Redondela a súa última obra "Reboreda, os camiños da identidade" que recolle as características históricas e dos nomes de lugar desta zona da provincia de Pontevedra.
Presentación



A presentación da obra contou coa participación do Conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, que destacou a importancia da recuperación da toponimia tradicional para "recoñecernos no noso contorno inmediato e identificarnos con nós mesmos". Tamén sinalou a importancia de "recuperar e activar a memoria histórica dun pobo, poñéndoa de novo en valor".














A obra




O libro de Gonzalo Navaza recolle a toponimia da zona de Reboreda, en Redondela, tratando ademais cuestións históricas, mitolóxicas e linguísticas da zona relacionadas cos nomes dos lugares. No prólogo da obra, o presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, destaca a importancia da recuperación dos topónimos no actual momento histórico.

Universo culturagalega.gal