
Na presentación do volume a Academia destaca que "a orixe e evolución de moitos topónimos da provincia da Coruña é coñecida, sexa porque garda relación con palabras do léxico común, porque teñen paralelos ou correspondencia na toponimia doutras áreas, ou porque a documentación histórica aclara as incógnitas". Entre aqueles que xorden do léxico común, figuran Lousame, derivado de lousa, ou Oleiros, que en orixe foi un sobrenome de oficio aplicado aos habitantes do lugar. Tamén son habituais fitotopónimos, derivados de palabras que designan plantas. É o caso da Pobra do Caramiñal, Oroso, que designou en orixe un lugar abundante en hedras, Ortigueira ou Carballo.
Fronte estes casos, relativamente evidentes, o autor advirte que no caso de topónimos de orixe prerromana "as máis das veces só dispoñemos de hipóteses máis ou menos fundamentadas". Entre estes nomes figuran os dos concellos de DumbrÃa, Noia, Narón, Ordes ou Toques. No caso propio do topónimo que dá nome á provincia, "a crenza de que xa existÃa antes de 1208 na toponimia local, malia que non se rexistra por escrito, levou a consideralo un topónimo de orixe prerromana", recorda Navaza, aÃnda que el é partidario de outorgarlle unha orixe literaria. O rei Afonso IX "tomou o novo nome dunha cidade mencionada entre as supostas conquistas de Carlomagno en Galicia segundo a lenda da Historia Turpini, un dos libros do Códice Calixtino (século XII). Da mesma fonte tomou este rei outros topónimos como Baiona ou Viana para renomear vilas reguengas con motivo da concesión do foral", conclúe.
Os contidos deste traballo foron debatidos no Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, do que Gonzalo Navaza forma parte, e a súa publicación conta co apoio da Deputación da Coruña.