Dandylady propón unha representación escénica da poesía

Dessassossego mestura textos, música e sons ambientais

31/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosliteratura
37 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de presentación de Dandylady

O pasado mes de marzo Dandylady, o dúo composto por Iria Pinheiro e mais Jesús Tejada, estreaba Dessassossego. Esta proposta de poesía escénica inspírase no Livro do Dessassossego de Fernando Pessoa, a cuxos poemas acompañan textos de seis poetas galegas e tres foráneas (Branca Novoneyra, Olalla Cociña, Lupe Gómez, Lucía Aldao, Sther F. Carrodeguas, Xiana Arias, Luci Romero, María Salgado e Adília Lopes) arredor da idea de desacougo.

Na posta en escena, canda a música composta de xeito espefíco para cada texto, a compañía aproveita tecnoloxía dos anos setenta como un proxector de diapositivas, un radiocassette ou unha máquina de escribir e introduce rexistros sonoros ambientais. Logo da estrea en Brión, o espectáculo puido verse na sala La Tuerka 27, da Coruña e mais no pub Modus Vivendi, de Compostela, dentro do ciclo Picaversos.

Universo culturagalega.gal

27/02/2013

Todo é poesía

Branca Novoneyra, Fantoches Baj e DandyLady aúnan na Zona C os seus proxectos poéticos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Lupe Gómez, Olalla Cociña, Lucía Aldao...