É un dos retornos máis agardados e anunciados desta temporada. Os Cempés presentan ás 19 horas de hoxe no pub compostelán Casa das Crechas Tentemozo. O novo álbum, gravado en colaboración cos alumnos da Escola Livre da MPG da Cenral Folque, conta con colaboracións como as de Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero ou Pablo Doval. O novo lanzamento continúa na liña musical dos catro traballos anteriores do grupo, con melodÃas bailables tradicionais ou compostas ao xeito tradicional. Como novidades, o disco presenta uns arranxos máis complexos en varios dos temas coa participación de 50 músicos.
O traballo, que foi gravado por no Estudio A Ponte de Compostela por Tomás Ageitos, financiouse en boa parte mediante o sistema de crowdfunding. Un total de 740 seguidores da banda achegaron case 10.000 euros, o dobre do solicitado polos músicos para o seu proxecto.
Ademais da edición fÃsica, xa dispoñible a partir de mañá en tendas, o disco está tamén dispoñible en plataformas dixitais como iTunes e Spotify.