Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!

A banda continúa a mesturar música de raíz e sons de banda no seu cuarto traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Linho do Cuco debuta en Discos da Máquina con Viva Viva!

Aínda que se anuncia con data de abril, e comezaron a presentalo na pasada primavera, non foi ata finais do pasado mes de xuño que saiu á venda Viva Viva!. Linho do Cuco presenta baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Benxamín Otero, Folk, Jazz, Deza

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares