O turismo internacional descende un 40 por cento nos últimos anos

O excursionismo de día gaña visitantes

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTurismo
Compartir:

O Ministerio de Industria fixo públicos os datos do informe Frontur que analiza o fluxo turístico ás diferentes comunidades autónomas. Os datos revelan que Galicia perdeu un 40% de visitantes estranxeiros desde o 2005. O turismo español tamén cae, un 30%, e os hábitos deste turismo estranxeiro transfórmanse. Como o 95% dos turistas estranxeiros que chegan nestes momentos a Galicia son portugueses, as pernoctacións están a ser substituídas por excursións de día. A situación galega é distinta á asturiana ou cántabra, onde no mesmo periodo 2005-2011 o turismo español medrou entre 800.000 e un millón anual. A Xunta, pola súa banda, asegura que a tendencia comezou a cambiar o ano pasado, cun crecemento do 1,6%.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo

Claves

Conceptos