O primeiro semestre evidencia un aumento do turismo estranxeiro en Galicia

Turismo sen Xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Se o 2004 foi un ano bo para o turismo o 2005 leva camiño de ser mellor. Segundo os últimos datos facilitados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio o primeiro semestre do ano evidenciou unha balance positivo para Galicia ao aumentar a afluencia nun 3.5% dos turistas estranxeiros con respecto ao mesmo período o ano pasado. Aínda así, Galicia rexistrou un crecemento inferior que na media estatal, que é dun 17% e se sitúa no décimo lugar con maior número de visitantes. As principais causas dese aumento, tal e como demostran os expertos nos medios de comunicación galegos, está a potenciación de Galicia como destino turístico, a chegada de compañías de baixo custe aos aeroportos así como o descenso do prezo dos voos.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e toda a información detallada no web do Ministerio (en pdf)

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Xacobeo, Medios de comunicación, El Correo Gallego...