Imaxe de presentación de Os Irmáns Lumieira
Proxectar vellos filmes mudos no seu formato orixinal de 16 milímetros acompañados de música ao vivo. Canda a isto, presentar as proxeccións como se estivésemos no comezo do século XX, achegando un compoñente teatral á experiencia. Por se fose pouco, rodar de xeito artesán unha curtametraxe orixinal empregando as fórmulas do comezo da sétima arte. A conxunción destas orixinais propostas é o que achega o espectáculo O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira, dirixido por Víctor Mosqueira. Carlos Meixide, Tomás Lijó e Suso Alonso achegan aos nosos escenarios esta produción na que encarnan os tres irmáns Lumieira, fillos dun emigrante galego que retornan ao país das súas orixes traendo o invento do cinematógrafo con eles.








O espectáculo, que se presentou en Compostela o pasado mes de abril, está a desenvolver a súa xira de actuacións, que xa pasou por Teo e mais polo Festival de Cans. Un filme de Harold Lloyd e outro de Buster Keaton, así como a historia inéditasna que os propios irmáns mudan a óptica do Faro de Fisterra son os elementos fílmicos desta Sesión número 1.


