Preséntase o CD e DVD do espectáculo Ovay de Quique Peón Cia.

O paquete ofrece a gravación en directo do espectáculo e os temas de Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

O espectáculo de danza en solitario que a acompañía de Quique Peón estreou este verán , Ovay, preséntase de novo agora no seu formato de “levar para casa”. O só de danza galega sae publicado por Falcatruada nun elegante formato DVD-book, acompañado cun CD con dez temas que conforman a banda sonora do espectáculo con música de Xose Lois Romero e Suso Vaamonde. Baile, canto, teatro, música ao vivo e sen pausa, durante 50 intensos minutos gravados ao vivo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, e que sae agora publicado por Falcatruada. Ocay quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu. En verbas de Quique Peón “Ovay é unha viaxe ao interior de min mesmo no que se percorren os catro puntos cardiais da ialma”.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os puntos cardinais da alma

Os puntos cardinais da alma

Quique Peón: “hai que ser moi valente para facer un solo de danza tradicional a estas alturas da miña vida”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Teatro, DVD...