Cada punto cardinal está asociado a un feito ou a unha serie de sentimentos: o leste é o nacemento, o sur a feminidade, o norte o masculino e o oeste a madurez. E todos eles son os que se pretende transmitir bailando no primeiro espectáculo da Compañía Quique Peón. Ovay é unha viaxe ao interior de min mesmo no que se percorren os catro puntos cardiais da alma explica Quique Peón. Ovay, que está tomado da xerga profesional dos canteiros do país, significa valentía. A mesma que defende o autor para pór sobre as táboas un solo de danza sen perder os seus alicerces: a reivindicación da danza tradicional como linguaxe de expresión.
CRÍTICA
Bailar o presente
Por Beatriz Bravo
Dende pequenos habituámonos a definirnos a traves das nosas eleccións. O universo divídese organizadamente para nós nunha serie ilimitada de elementos contrapostos entre os que nos obrigamos a escoller, identificándonos no camiño con outros individuos dos nosos gustos e recoñecendo os diferentes.
Quique Peon reivindica o equilibrio, o dereito a defender as pequenas incoherencias do existir. Na nosa identidade poden darse a man en harmonia o masculino e o feminino, a ledicia e a dor, o moderno e o enxebre. Pequenas e grandes doses que se fusionan e constréen o noso eu e lle outorgan unicidade.
Ovay berra o dereito a expresarse sen medo dende o presente, cruzando fronteiras, explorando tódolos recursos que atopa o seu alcance. Canción, baile, son, poesía do movemento, humor, pintan coas súas cores un espectáculo no que o publico se vai mergullando ata sentirse complice. Pero, sobre todo, o primeiro espectáculo de Quique Peon Cia elixe loitar polo propio e sinalar a responsabilidade que temos todos se deixamos que o noso esmoreza. Bailar o presente versus esvaecerse no pasado.
Folleto do espectáculo.CRÍTICA