Tal e como se avanzou durante a presentación do programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) hoxe estréase no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañÃa galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu tÃtulo do termo alemán que significa “o dobre que camiña ao lado”, está dirixido por Chiqui Pereira a partir dun texto orixinal de Paula Carballeira, que acaba de chegar ás librarÃas dentro da colección DiTeatro de Edicións Positivas. Paula Carballeira é, ademais, unha das tres intérpretes de Doppelgänger xunto aos irmáns colombianos Juan Diego e José Ricardo Alzate. Sobre as táboas, danlle vida a unha proposta que, baixo a aparencia dun proceso de ensaio, amosa a busca dunha dramaturga que quere contar a historia de dous irmáns loitando en bandos contrarios. Deste xeito, proporanlle ao público unha reflexión sobre a identidade individual e a social, sobre a necesidade de asumir o outro como parte de nós mesmos como único xeito de superar a crise de identidade.
O equipo do espectáculo atópase en residencia no Salón Teatro desde o pasado luns, culminando asà varios meses de investigación e estadÃas artÃsticas entre MedellÃn e Galicia para desenvolver esta proposta Inmediatamente despois da función de estrea de mañá, para a que a entrada é por convite, o equipo do espectáculo manterá un encontro co público para compartir cos asistentes como foi este proceso de creación e coprodución a ambas beiras do Atlántico. Doppelgänger poderá verse na sede do Centro Dramático Galego ata o dÃa 27, con funcións ás 20,30 h. de xoves a sábado e ás 18,00 h o domingo. Despois da súa estrea en Santiago, a obra estará no Teatro Ensalle de Vigo do 1 ao 3 de febreiro e na Sala Ingrávida do Porriño do 8 ao 10 dese mes.