Berrobanbám estrea o espectáculo A carreta pantasma

A montaxe interpretada por Paula Carballeira sitúase entre a narración oral e o teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Paula Carballeira en A carreta pantasma

Paula Carballeira en A carreta pantasma

As orixes de A carreta pantasma, a nova obra da compañía Berrobambán, hai que atopalas como se dun xogo de bonecas rusas se tratase. O espectáculo de narración oral que defende en solitario Paula Carballeira está baseado nun filme sueco do mesmo título do ano 1921, baseado á súa vez nun relato de Selma Lagerloff (Mårbacka, Suecia 1858-1940), a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura, que o escribiu baseándose nunha crenza de orixe popular. A través de das tres historias que compoñen o espectáculo que este venres ás 20:30 hrs. a compañía teatral estrea no Pazo da Cultura de Narón, A carreta pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Paula Carballeira ofrécenos coa súa interpretación un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro no que se usan os mínimos artificios escénicos necesarios para amplificar o poder da oralidade e explorar a emoción. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza. "Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade", di o texto de presentación da obra, "ás veces atopámonos sen saber onde ir, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias que compoñen este espectáculo".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Paula Carballeira, Narración oral, Teatro...