Poucos casos como o da narración oral amosan o éxito que pode ter a adaptación dunha tradición ao campo das industrias culturais. Esta disciplina conseguiu nas últimas tres décadas consolidarse e ocupar un oco na axenda cultural do paÃs, co recente fito do nacemento do colectivo Narración Oral Galega como primeira agrupación profesional do sector. Neste 2021, da man de Paula Carballeira viu a luz o libro E continuaremos a contar, unha reflexión sobre esta arte e o xeito no que se desenvolve no noso paÃs.
Paula Carballeira foi unha das pioneiras en subir a un escenario e contar contos, algo que nos anos 90 non era en absoluto habitual. Moitas contadas despois daqueles inicios, acaba de reunir as súas reflexións sobre esta actividade e a importancia que ten para a nosa supervivencia como colectivo e como cultura en E continuaremos a contar. A narrativa oral como ato de visibilidade e sobrevivência, un libro que ve a luz da man de Através Editora. No mesmo, canda a un repaso da evolución do labor de contacontos como profesión en Galicia, aborda as peculiaridades deste xeito de transmitir historias e coñecementos e o potencial que posúe aplicado tamén na vida cotián. Segundo explica, cando comezou o seu traballo neste campo "estaba a se dar unha descuberta desta arte, que case quedara relegada ao pasado. Moita xente viu de súpeto este xeito de comunicación e de reelaboración da ficción, e comprobouse que respondÃa a unha demanda social" lembra aquel agromar. "Introduciuse en moitos ámbitos de cultura pero tamén de ocio, ou vencellada á animación lectora en centros de ensino, por exemplo". A aceptación da disciplina foi rápida, segundo recoñece, e bares, pubs, bibliotecas, centros culturais e mesmo auditorios foron acollendo co tempo estas propostas, que acabaron por se integrar na programación cultural cotiá.
A evolución
"Ao comezo vivimos cun certo estupor a boa acollida que tivo esta nova concepción da narración oral profesional como arte escénica. Houbo unha especie de boom inicial, con moita demanda e poucas persoas dedicadas a isto", lembra a autora de E continuaremos a contar. "Despois deuse unha certa consolidación, a desenvolver vencellos con tendencias similares que acontecÃan en España, Portugal ou Sudamérica, con diferentes programas e festivais. Agora chegamos a un punto no que se está a dar unha renovación e convivimos xente que comezamos hai case trinta anos con outra que se foi incorporando e persoas que están comezando agora". Dentro desta evolución, Carballeira recoñece que foi mudando o contexto no que se desenvolve a disciplina. AsÃ, a certa altura "irromperon novas formas de oralidade como os monólogos cómicos, que ocuparon un oco co que a narración coexistiu un certo tempo. Despois o monólogo conseguiu máis repercusión e conta tamén con boa saúde. A narración segue aà pero xa non é aquela explosión".
O colectivo
A necesidade de contar cun punto de encontro para as persoas que se dedican á oralidade e de defender os seus intereses levou ao desenvolvemento dunha entidade como é NOGA, Narración Oral Galega. Un encontro en Mondoñedo, en xaneiro de 2019 foi o primeiro paso deste colectivo. Segundo explica Bea Campos, unha das súas compoñentes "estamos camiñando cara a unha maior visibilidade do noso oficio, e tamén buscamos que se melloren as condicións en que desenvolve. Por esta razón, entre outras, naceu". Na actualidade a iniciativa reúne medio cento de integrantes e está a afondar no seu carácter de colectivo profesional. "Estamos nun momento de cambio, de evolución, despois de dous anos facendo xornadas de formación e debate decidimos dar o paso para constituÃrnos en asociación profesional", explica.
Contar hoxe
Encol da situación actual, desde NOGA Campos explica que "en Galicia temos a sorte de contar cun gran número de narradoras e narradores cunha importante calidade artÃstica. Na actualidade existen algúns circuÃtos ou festivais especÃficos como son Sete Falares, o Festival Atlántica ou Falando a boca chea", aos que se acaba de sumar no verán de 2021 o Narra Sarria nesta vila lucense. "Tamén estamos presentes nas programacións culturais dos Concellos, en festivais de artes escénicas, programacións de bibliotecas ou actividades de normalización lingüÃstica". Dá idea do alcance desta disciplina que "segundo un estudio interno que realizamos na asociación, hai máis de 400 sesións de narración oral o ano en Galicia". Coincide con ela Carballeira no bo momento e sinala que, en xeral, a situación da narración oral no paÃs "é de boa saúde. Posúe un espazo que non é de ningunha outra arte escénica, segue a ter cousas que dicir, ten vixencia e penso que seguirá a tela. É algo que ten moito que ver coa nosa cultura e por iso está en tan boa situación". Os recoñecementos chegan tamén fóra do paÃs, segundo recoñece. "Hai un grande recoñecemento das narradoras e narradores galegos, tanto en Galicia como fóra", unha opinión que comparte Campos. "A calidade é moi alta, por esa razón estamos presentes internacionalmente. Evidentemente, temos unha maneira única de ver o mundo e as nosas historias teñen unhas raÃces moi fondas, iso no exterior é moi valorado. Temos ao noso favor unha lingua, unha cultura e uns antergos que foron bos e xenerosos e nos agasallaron coas súas historias e as súas palabras".
A pegada da tradición
Precisamente Carballeira considera que o carácter tradicional da narración oral no noso paÃs explica o interese que esperta. "A pegada que ten a oralidade na nosa cultura é un valor diferencial desta arte no paÃs, achega peculiaridades. Cada quen ten o seu estilo, pero esa pegada recoñécese e valórase, tanto fóra como en Galicia, onde houbo un recoñecemento a algo que tiñamos un pouco esquecido". Para a artista, esta singularidade "ten que ver con esta especie de memoria colectiva que temos. A diferenza doutros lugares, cunha maior importancia da literatura escrita, en Galicia a base da transmisión da cultura durante séculos foi oral, e iso deixou unha pegada. Penso que estamos moi afeitos a nos contar para non desaparecermos e que o noso punto de vista e a nosa lingua continúen adiante. Iso inflúe na maneira de contar".
O conto das emocións
Outro dos grandes potenciais que ten para a autora esta actividade é que "a diferenza doutras maneiras de comunicar, tes a posibilidade de transitar por diferentes emocións nunha mesma historia, aÃnda que prime o humor ou o medo. Ao se crear a ficción diante do público, este participa e vaise pasando por diferentes emocións, tanto que conta como quen escoita. Isto tamén acontece nun espectáculo de teatro, pero xa ten outras complexidades escénicas. Ao ir ao esencial na forma, a narración oral vai tamén ao esencial do ser humano, e ao transitar por estas emocións tamén permite que enfrontemos a realidade, que atopemos ferramentas para enfrontar os medos ou, nun tempo como o que vivimos, a soidade, cousas que doutros xeitos nos poden resultar máis difÃciles. Ten tamén a apelación directa ao público, e as persoas tamén reciben isto como algo único, que responde á necesidade de que nos falen directamente a cada un de nós".
A interacción que transforma
Malia ao peso da tradición, Carballeira destaca que na actualidade, sobre os escenarios non se narra do mesmo xeito que na sociedade tradicional, e que de xeito inevitable a disciplina foise adaptando ao seu contexto. "Esta é unha arte viva, a maneira de contar muda coa sociedade e non se conta igual que se contaba. Noutros lugares hai un esforzo por reproducir o xeito no que se contaba antes, dun xeito museÃstico, pero en Galicia non acontece. Non contamos as mesmas cousas, os contos van mudando aÃnda que a esencia sexa a mesma. Penso que precisamente por estar afeitas á narración oral temos iso moi vivo". De feito, no seu libro a autora destaca que deixa que sexa a súa propia memoria a que vaia conservando ou eliminando narracións no seu repertorio, a atender ao carácter vivo da actividade.
Os contos de cada tempo
Precisamente para ela, dentro das bazas que facilitaron a aceptación do formato nos escenarios está o feito de que "é unha arte relacionada moi directamente coa sociedade e coas súas preocupacións, e evoluÃu tamén con ela. Vai na propia esencia da narración, polo contacto directo e a interacción co público, vas conformando a historia co que recibes". Para esta narradora "ao final as historias son sempre as mesmas. ExplÃcannos como seres humanos. A selección que fai cada un depende das preocupacións que quere abordar. Agora, como estamos a vivir nunha sociedade moi globalizada e uniformizadora, semella que hai unha busca do que nos fai diferentes, desas peculiaridades que nos conectan coa universalidade". Asà no colectivo de profesionais deste campo "ás veces cóntanse contos tradicionais con perspectiva propia, pero pode ser calquera narración, como historias de vida, pasadas pola peneira do narrador. En xeral téntase expor un punto de vista desde o que nos reivindicar como colectivo. Isto inflúe tanto nas historias que se escollen como na maneira de nos expresar".
Unha arte versátil
Dentro do potencial da arte da oralidade para chegar ao público, Bea Campos sinala que "pola versatilidade do noso oficio podemos estar presentes en moitos lugares (teatros, prazas, escolas, festivais) e iso fai que as nosas saÃdas profesionais sexan moitas e diversas". Entre as vantaxes que ten este tipo de produto cultural está o "ser unha arte de proximidade, que non precisa de grandes recursos escénicos e non esixe un orzamento importante", explica Carballeira. "Moitos vimos do teatro, pero non empregamos recursos escénicos alén do mÃnimo. Cando sobes a un escenario teñen que te escoitar e te ver ben, entón cumpren unhas luces e un bo son. A incorporación doutros recursos vai con cada profesional". Deste xeito, "ao traballar para público infantil ou familiar hai quen introduce os libros para facer ponte coa animación lectora. Logo sempre houbo quen estaba máis cómodo a integrar algún instrumento musical, a empregar obxectos ou algún vestiario especial ou mesmo con kamishibai" (técnica xaponesa que emprega ilustracións como soporte para a narración). "Para min o importante é que prime a narración oral, á que logo podes incorporar novos elementos. É certo que a nivel comercial poden comentar, a depender de quen programa ou das súas necesidades, que se levas uns tÃteres ou unha escenografÃa o espectáculo consegue outro empaque".
O peso das mulleres
Logo do papel fundamental que tiveron as mulleres na transmisión deste patrimonio inmaterial na nosa cultural, tamén nas novas formas da narración oral hai un crucial peso feminino. Segundo lembra Carballeira, na evolución da disciplina "houbo unha división por tipos de público" que en grande medida se produciu por xénero. "Houbo e hai moitas mulleres centradas no público familiar, de feito son maiorÃa, tamén a cadrar do rol tradicional da muller como educadora e coidadora, pero iso foise modificando", advirte. "Eu mesma comecei directamente co público adulto e houbo outras mulleres que se foron sumando. AÃnda falta algo de traballo nese sentido para chegar a unha paridade de presenza feminina, pero a situación mellorou moitÃsimo, en xeral a situación é boa neste sentido, tanto en Galicia como noutros lugares".
Contar en tempos de Covid
De xeito inevitable, o impacto da actual situación sanitaria leva máis dun ano bater con forza no sector profesional da narración. Desde NOGA, Bea Campos advirte que "o sector das artes escénicas, e a cultura en xeral, vive inmerso na precariedade neste paÃs, e a Covid agudizou iso. Durante a pandemia o teléfono comezou a soar e as actuacións foron caendo do noso calendario dunha maneira dramática. Algunhas narradoras si puideron ofrecer a posibilidade dunha actuación online. Despois deste primeiro boom inicial actualmente volveuse as actuacións en vivo seguindo as medidas de prevención establecidas". Na mesma liña, Carballeira destaca que "co proceso de reactivación de artes escénicas que estamos a vivir agora mesmo, a narración oral é unha boa baza para programar porque non require grandes esforzos e permite a presencialidade".
A presenza virtual
Ao igual que noutros sectores, as limitacións derivadas da situación sanitaria levou a que moitas da persoas que traballan esta arte desenvolvesen propostas en formato vÃdeo ou videoconferencia, iniciativas que Carballeira considera que "polo momento van quedar. Explorouse un campo que ten unhas caracterÃsticas moi determinadas e que supón un tipo de narración diferente do presencial. Permite chegar a outra xente, e durante meses foi unha alternativa de traballo". Para ela "hai recursos que exploramos por necesidade, pero está por ver ata que punto calan. Cómpre ir aprendendo como funciona o audiovisual, que ten unha narrativa propia. Ao traballar de xeito presencial contas con palabras e cos silencios, pero tamén co corpo e coa xestualidade. No audiovisual hai un tiro de cámara que determina onde pode ollar o público e marca o foco de atención. Se o plano é de corpo enteiro pérdese a xestualidade da cara, se é un plano medio, as mans perden protagonismo. En moitos casos a narradora está sentada diante dunha cámara, e muda tamén a noción espacial. E logo o que máis se bota en falta é a resposta do público. En liña a reacción non é inmediata nin tes unha percepción colectiva desa resposta, e iso deixa de enriquecer o conto. Chegas a te sentir moi soa ao contar en vÃdeo, pero penso que estes formatos van convivir co presencial porque son moi diferentes.
Futuros orais
De cara ao futuro Carballeira apunta que "non sei ben o que vai acontecer, pero tendo a ser moi optimista. Logo do primeiro confinamento xa vimos que houbo moita demanda, sobre todo de pequenos colectivos. Esta é unha actividade que podes levar case a calquera sitio, para todo tipo de público. Naquel momento achábase de menos estar coa xente, mesmo coas distancias de seguridade, ese compartir un momento de imaxinación e de evasión". De cara ao futuro inmediato "non sei se a disciplina vai saÃr reforzada, pero estou convencida de que vai haber demanda. Temos moi boas narradores e narradores e que poden ter unha boa presenza en programacións de todo tipo. En particular a orientada a público infantil e familiar vai ser moi demandada cando as condicións sexan propicias, é unha das artes ás que lles pode ir moi ben". A compartir o moderado optimismo, Bea Campos advirte que "aÃnda que somos positivas, gustarÃanos que dende as administracións públicas de Galicia fósemos máis visibles e nos tiveran máis en conta como arte escénica que somos". Do mesmo xeito reclama que "nos gustarÃa acadar uns mÃnimos profesionais que garantan que puidésemos vivir do noso traballo, cousa que actualmente, aÃnda que algunhas persoas o conseguen, en xeral é complicado. Como nota positiva dirÃa que temos práctica e adaptación en situacións difÃciles. Quizais por iso resistimos".
Alén do ámbito profesional, Carballeira destaca que "cando escribÃn o libro pensei non só nos profesionais senón tamén en reflexionar por que precisamos contar. A oralidade fai parte da nosa supervivencia, e se deixamos que outra xente fale por nós, nunca conseguiremos que se nos escoite. A narración profesional é mais elaborada pero penso que é importante que a xente se decate do necesario que é contar, do xeito que as avoas contan a súa a vida ou algo que aconteceu. Contar dá pé tamén a escoitar, que é algo moi necesario nestes tempos".