Engurras chegará a Estados Unidos da man de GKids

Lois Patiño estrea dúas das súas videocreacións en Madrid e Canadá

A distribuidora neoyorkina GKids, especializada en filmes independentes e de animación, acaba de se facer cos dereitos para Estados Unidos do filme Engurras, producido pola galega Perro Verde films e mais Cromosoma. Con esta venda, o filme suma un novo país á súa distribución, logo que os dereitos fosen xa adquiridos para Canadá, Rusia, Latinoamérica, China e Polonia. O filme competirá en breve nos festivais de animación de Annecy e no de Karlovy Vary. Ao tempo, o vigués Lois Patiño estrea estea mesma semana a súa obra Ecos del bosque no festival Rencontres Internationales París/Berlín/Madrid e Na vibración da auga no Media City Film Fest, de Ontario, Canadá.

Esta proxección internacional do cinema galega súmase á recente presenza no festival de Cannes. O Marché du film, a sección comcercial do evento, está a acoller ata o vindeiro 25 de maio as proxeccións de Vilamor, Todo es silencio, Tralas luces, Dictado, El sexo de los ángeles, 18 comidas e Copito de Nieve. A estes súmanse outros filmes con presenza galega, como Operación E, Grupo 7 e Luces rojas.