Perro Verde leva o premio á mellor produtora no Cartoon Movie

A firma coruñesa competía co filme Engurras no festival de Lyon

A empresa coruñesa Perro Verde Films impúxose nos premios do XIV Cartoon Movie de Lyon. O seu traballo co filme Engurras valeulle á firma facerse co premio European Producer of the Year, un dos tres que se entregan anualmente no coñecido festival de animación de Lyon. A produción de Perro Verde foi tamén a encarga de abrir o evento o pasado día 7 de marzo. Os coruñeses competían coas firmas francesas Blue Spirit Animation e Moonscoop, e anunciaron que están a traballar nun novo filme de animación, tamén con Ignacio Ferreras de director.