Friktone presenta CusCus

O primeiro traballo amosa o bo facer desta formación no jazz improvisado

22/5/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
10 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de CusCus de Friktone

Fito Ares á frauta e ao saxofón, Fernando Lamas na batería e mais o finlandés Risto Vuolanne no contrabaixo forman, desde hai xa catro anos Friktone. Logo dunha importante traxectoria nos escenarios, o conxunto presenta agora Cus Cus, un disco que amosa en seis temas a capacidade de improvisación deste trío no que se mesturan sons do Free Jazz e da música contemporánea. Gravado ao vivo no Pazo da Ópera da Coruña, o proxecto está editado pola discográfica albaceteña Clamshell Records.
Logo de presentar o seu traballo o pasado 19 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña, o grupo continuará en datas próximas as presentacións ao vivo en diferentes espazos. A volume pode adquirirse na tenda de Clamshell Records a doce euros a unidade e estará tamén dispñible no club de jazz Filloa e mais na libraría coruñesa Nova Colón.

Universo culturagalega.gal