Cultura reformulará as axudas ao audiovisual

A Consellaría iniciou unha rolda de contactos coas asociacións do sector

As bases coas que se convocan as axudas económicas para o sector audiovisual reformularanse de cara ao vindeiro ano. A Consellaría de Cultura desenvolverá, entre este mes e o vindeiro setembro, unha serie de conversas con representantes das diferentes asociacións profesionais do audiovisual galego coa intención de "recoller todas as suxestións e puntos de vista" as mesmas o respecto. Un encontro entre o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xoán Carlos Fernández Fasero e membros da Asociación Galega de Guionistas abriu esta rolda de conversas.

A Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA), o Cluster Audiovisual Galego (CLAG), a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), a Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA) ou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) son algúns dos interlocutores que terá en conta Cultura.