Quiosco: Búsola 5

A revista dedica unha especial atención á BD na súa nova entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Búsola 5

Capa de Búsola 5

Búsola a revista da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, ten na rede o seu número 5, correspondente ao ano 2011. Como é habitual na publicación a banda deseñada ten unha importante presenza, cun artigo no que Eduardo Maroño repasa a historia da BD galega a través de vinte títulos e mais cunha historia de Kike Benlloch e Yago García arredor da figura do Mariscal Pardo de Cela. Canda a isto, a obra fotográfica de Estela Ínsua, un artigo de Inés Liste sobre a cultura do país na primeira década do século XXI ou os textos poéticos de Miguel A. Alonso son outros dos contidos presentes na publicación.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos 3

Quiosco: Mazarelos 3

A Revista de historia e cultura aborda desde os videoxogos á vida de Sofía Casanova na súa última entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Casa da Cultura, Banda deseñada, Camilo José Cela