O veterinario Pedro Benavente, orixinario de Sabiñánigo (Huesca), foi seleccionado pola Deputación da Coruña para levar o III Premio RosalÃa de Castro de Lingua e Cultura. O xurado do galardón apuntou o importante traballo de Benavente a prol da recuperación da lingua e da cultura agraria no noso paÃs. Entre outras iniciativas, o galardoado é coautor, co académico Xesús Ferro Ruibal, do Libro da vaca no que repasa a terminoloxÃa vencellada a este animal no noso paÃs. O xurado apuntou tamén o exemplo de integración na nosa cultura que supón Benavente.
O galardoado desenvolveu un intenso traballo no campo de lexicografÃa con obras como O dicionario Xerais lido por un veterinario, Algunhas achegas ao dicionario na Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega, e participou na elaboración do Dicionario de sinónimos da lingua galega.
O premio, centrado na normalización lingüÃstica ata esta edición, fora para A Mesa pola Normalización e para Blogaliza nas súas anteriores xeiras.