Bestiario, fóra a alma

A mostra estará aberta na Fundación Seoane ata o 15 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fonte: Luís Seoane

Fonte: Luís Seoane

Luís Seoane realizou en dúas vagas, en 1965 e 1976, unha impresionante serie de xilografías e gravados nas que reproduce un dos seus maiores intereses: a construción dun imaxinario artístico fundamentado na mitoloxía e na Galicia medieval. Agora, a Fundación Seoane da Coruña expón ata o 15 de outubro 72 pezas vinculadas ao proceso creativo dos seus Bestiarios, desde as obras orixinais ata probas de imprenta e as fontes documentais que empregou para a súa realización. "Animais dotados de cualidades divinas e humanas", suliñan na presentación da exposición.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Luís Seoane, Documentais

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos