Comeza en Vigo Verbenalia

A feira profesional centrada no mundo das orquestras achega actuacións musicais ata domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A actuación de Panorama, Teté y los Ciclones e mais Carlos Blanco e Budiño iniciaba na noite de onte a actividade de Verbenalia. O Instituto Feiral de Vigo acolle un encontro no que se dan cita representantes, comisións de festas e orquestras a apresentar os seus últimos repertorios e efectos. Ademais, ata o vindeiro 29 haberá actuacións cada noite e mais en sesión vermut, con conxuntos como París de Noia, Olympus, Philadelphia, Sintonía de Vigo, Aché, Marbella, Ciclón, Costa Oeste, Cinema, Gran Parada, Charlestón e Jerusalén.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Feira, Carlos Blanco, Budiño...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares